Reg. Sanitario: C-15-001598
Podóloga especialista

Podóloga especialista en Ferrol

Visite a nosa Clínica Podolóxica María Pita Graña

Coidado integral do pé

A Clínica Podolóxica María Pita Graña (con rexistro sanitario C-15-001598) é un centro especializado na diagnose e no tratamento das afeccións do pé. Ubicada en Ferrol e con máis de 15 anos de experiencia, ofrecemos aos nosos clientes unha solución eficaz para as verrugas, os papilomas, os fungos, os calos ou as uñas encarnadas. Así pois, tamén nos encargamos de correxir calquer problema na pisada, tratando pés planos e fascitis plantar.

Xeralmente, os pés sofren complicacións e problemas derivados do calzado que empregamos, dun mal coidado ou da nosa marcha que deben ser solventados axiña para impedir que continue a súa molestia, escocemento ou dor nos pacentes. Por este motivo, mantemos cos pacientes un trato cercano e directo en todo momento, realizando unha diagnose inicial para comprobar a efectividade das técnicas empregadas.

Ademáis, esforzámonos por explicar aos nosos clientes detalladamente o seu problema, dandándolle o mellor tratamento posible para a súa patoloxía. Contacte coa nosa clínica e póñase en mans de profesionais.

Coidado integral do pé

¿Por qué confiar na Clínica Podolóxica María Pita Graña?

Experiencia

Na nosa clínica podolóxica en Ferrol contamos con máis de 15 anos de experiencia. Ademais, atopamos no noso equipo a María Pita Graña, colexiada nº 673 e especializada na rama da podoloxía.

Asesoramento personalizado

Somos coñecidos por ofrecer a todos os nosos pacientes un servizo e unha atención totalmente personalizados, centrándonos nas necesidades de cada un para ofrecerlles o mellor tratamento.

Prezos económicos

Ademais, na nosa Clínica Podóloxica María Pita Graña ofrecemos unha boa oferta relación calidade-prezo en todos os nosos servizos.

Ampla gama de tratamentos

Contamos cunha ampla gama de tratamentos para curar todo tipo de patoloxías. Podemos tratar desde calos e durezas ata papilomas, pasando por estudos da pegada e plantillas a medida.

Podóloga en Ferrol

Preocupámonos pola saúde dos seus pés!

Para a nosa clínica é importante manter a calidade de todos os nosos servizos, polo que resulta primordial levar a cabo un proceso de desinfección riguroso, no que se emprege un material clínico sen xermes patóxenos que poidan causar novas infeccións, é decir, as nosas ferramentas de traballo están totalmente esterilizadas. Para nós, a saúde dos nosos pacientes é o máis importante.

Os nosos máis de 15 anos de experiencia avalan o bo trato que ofrecemos a todas as persoas que confían os seus problemas á nosa clínica. Se, por exemplo, os calos e durezas nos pés non lle permiten levar unha vida normal, deixe de sufrir e visítenos. Este tipo de problemas vémolos a diario e é moi importante que a xente os trate, xa que os pés son os encargados de soportar o noso peso durante todo o día. É por este motivo polo que deberiamos coidalos con moita delicadeza e acudir a profesionais como os que formamos a Clínica Podolóxica María Pita Graña.

Coide os seus pés na nosa clínica podolóxica en Ferrol

Se necesita un centro de confianza onde poder deixar os teus pés en mans de profesionais, somos a túa mellor opción. Na Clínica Podolóxica María Pita Graña atopará un servizo totalmente persoal enfocado aos seus problemas para atopar a mellor solución adaptándose a cada caso. Pida cita previa para tratar o problema relacionado cos seus pés sen ter que esperar, atenderémolo de luns a venres de 16:00 a 20:00.

Pedir cita previa

As nosas instalacións

Pida cita connosco

Se quere tratar algún problema na nosa clínica podolóxica en Ferrol, pode visitarnos de luns a venres de 10 a 13:30. Para este horario non precisa de cita previa, polo que solo terá que esperar a que rematemos co paciente anterior e atenderémolo encantados. ¡Esperamos a súa visita!